Eu como moza, penso que a crise sí que nos afecta a
toda a xuventude.
Cando antes podíamos ir cada mes a comprar algo de
roupa, actualmente non se pode facer iso. Eu por exemplo, antes ía a comprar
algo por puro capricho, agora, só o podo facer cando necesito algo concreto, ou
teño que facer algún regalo.
O mesmo ocorre cando por exemplo, un grupo de amigos
queda unha tarde para dar unha volta. Antes ao mellor, non saían do quiosco de
comprar todo tipo de doces, agora, entran unha vez en toda a tarde, e para
comprar o mínimo. Qué vos di isto? Pois que os mozos, ven como na súa casa se
está a pasar por un tempo bastante malo. Algúns teñen os pais en paro, e só
reciben 5 euros cada semana, outros, os xa maiores de idade, vense na obriga de
buscarse algún traballo que poidan compaxinar cos seus estudos, para poder así,
aportar algo na casa.
Outro exemplo de que a crise sí que afecta a
xuventude, é, por exemplo, os mozos que antes ían a moitas actividades
extraescolares, como son estar nun equipo de futbol, baloncesto, ir a natación,
ou calquera outro tipo de deporte ou actividade, teñen a obriga, tanto como si
é dos pais, ou unha obriga que se fan eles mesmos, de deixar de practicar o
dito deporte ou actividade.
Despois de ver estes poucos exemplos, podemos sacar a
conclusión de que a crise sí que afecta nos afecta, e cada vez faino máis, e
máis axiña. Dende moi pouca idade, os rapaces xa se dan conta do que está a
ocorrir coa economía das súas casa na actualidade.
Tania Silva Carrera 1ºBach B